Auge da Economía Internacional no Século XIX: Comercio, Migracións e Capital

O Xurdimento da Economía Internacional

A Revolución Industrial e o gran avance dos transportes impulsaron a mobilidade de produtos e factores de produción (traballo -migracións- e capital) entre uns países e outros.

Así, ao longo do século XIX:

  • O PIB mundial medrou a unha taxa aproximada do 2.5% anual.
  • A forte emigración europea, sobre todo cara América, xunto cos fluxos de capital levaron á ocupación e explotación de grande cantidade de terra.

Como resultado, asistiuse a un proceso de:

  • Integración de mercados
  • Expansión do capitalismo
  • Xurdimento dunha economía internacional centrada en Europa e, en opinión dalgúns autores, en beneficio de Europa, xa que era a que vendía bens manufacturados (de maior valor engadido) e a que conseguiu que o resto do mundo aumentase a dependencia de Europa.

O Crecemento do Comercio

Ao longo do século XIX o comercio medrou, diversificouse xeograficamente (cada vez máis países) e na súa composición interna (cada vez maior variedade de produtos). Así, o comercio:

  • Favoreceu a especialización
  • Contribuíu a asignar mellor recursos e factores produtivos
  • Axudou a difundir a tecnoloxía da industrialización
  • Contribuíu ao crecemento económico

Características do comercio internacional no s. XIX:

  • Medrou máis que a poboación e que a produción en termos per cápita.
  • O aumento foi desigual tanto entre países como por produtos.
  • Nesta etapa hai un predominio de Europa no comercio mundial.
  • Obsérvase unha crecente especialización dalgunhas áreas do mundo na exportación de produtos primarios e doutras na das manufacturas.
  • Os países avanzados contribuíron especialmente ao impulso do comercio xa que non só producían unha ampla gama de produtos para vender nos mercados internacionais senón que tamén demandaban materias primas e alimentos, aportaban os medios de transporte, as fontes de financiamento e a organización comercial necesaria.

Produtos destacados no comercio mundial neste período:

  • Algodón, metais e minerais, carbón, maquinaria, produtos siderúrxicos (barra de ferro, carrís…)
  • Alimentos: cereais, carne, azucre, café, aceites…
  • Produtos químicos: fertilizantes, tintes, produtos farmacéuticos.

Dentro do conxunto do comercio mundial destaca o intraeuropeo: o comercio europeo representaba entre 2/3 e 3/4 do comercio mundial total. En Europa destacaba Gran Bretaña, aínda que o seu dominio se foi reducindo.

Algúns países moi especializados na exportación de produtos primarios de gran oferta mundial puideron experimentar o que se coñece como “crecemento empobrecedor”, é dicir, un crecemento do comercio pero no que exportaban bens de baixo valor engadido, cuxos prezos tendían a baixar en relación aos das súas importacións. En consecuencia, para manter o nivel de importacións necesitaban exportar cada vez máis. Era un círculo vicioso.

Comercio e Políticas Comerciais

Como o crecemento do comercio non beneficia a tódolos países por igual e pode provocar nalgúns países a desaparición de certos sectores produtivos e xerar elevados déficits na balanza comercial, os gobernos desenvolveron políticas comerciais que axudaran a atenuar algo eses feitos, é dicir, estableceron algunhas medidas de protección á produción nacional (ás veces por períodos curtos e outras máis longos).

Podemos establecer catro grandes etapas:

1815-1847

Características:

  • Crecemento moderado do comercio, favorecido por: aumento da poboación, difusión da revolución industrial e os avances no transporte.
  • Política comercial proteccionista.

1847-1868

Características:

  • Crecemento do comercio maior que na fase anterior (taxas superiores ao 5% anual), impulsado por: a forte demanda de materias primas e gran oferta de manufacturas, a construción do ferrocarril e a expansión monetaria.
  • Adopción de políticas comerciais máis librecambistas, que axudaron a impulsar o aumento do comercio. Tratado de Cobden-Chevalier. Apertura forzada nalgúns países (China, India, Xapón…) Cláusula de nación máis favorecida.

1868-1896

Características:

  • Crecemento do comercio menor que na etapa previa por:
  • Avance das industrias nacionais
  • Fin do primeiro boom ferroviario
  • Caída dos prezos de varios produtos primarios, dificultades para os países especializados nesas exportacións
  • Depresión económica (1873-1895): crise industrial, crise agraria e crise financeira
Características
  • Certo retorno ao proteccionismo (se ben menor que na 1ª metade do século XIX). Buscábase saír da crise por medio de: defensa da produción nacional, progreso técnico, nacionalismo económico (o Estado ao servizo do capitalismo nacional: reserva de mercado interno, captura de mercados externos, novo colonialismo, melloras na educación, na sanidade, nas comunicacións como formas de axuda indirecta).
  • Organización de grandes empresas a escala internacional con filiais en distintos países: unha forma de chegar a novos mercados e de saltar barreiras proteccionistas.

1896-1914

Características:

  • Recuperación do crecemento do comercio internacional grazas á superación da depresión (proteccionismo e modernización agraria), difusión de novos produtos (2ª rev. Tecnolóxica), contribución positiva do sistema monetario internacional, mellora das comunicacións e expansión colonial.
  • Políticas comerciais proteccionistas, pero parece que non tiveron efectos importantes na limitación do comercio.

En liñas xerais, a política comercial no século XIX foi proteccionista, agás períodos curtos como entre 1860 e 1880 en Europa ou entre 1833 e 1860 en Estados Unidos, etapas nas que se aprobaron aranceis e medidas de política comercial máis librecambistas.

Os Movementos Internacionais de Factores: Emigración e Movementos de Capital

A Emigración Europea

Entre 1815 e 1915 uns 44 millóns de persoas emigraron desde Europa, a maioría a América. A magnitude deste movemento non tiña precedentes e algúns autores sosteñen que tal movemento europeizou gran parte do mundo.

Podemos establecer 3 grandes etapas:

Ata 1850, 1850 a 1880 e 1881 a 1914/15

Ata 1850:
  • Saían de Europa arredor de 100.000 persoas de media anual.
  • Principais orixes: Gran Bretaña e Alemaña.
  • Principais destinos: Estados Unidos e colonias británicas.
1850 a 1880:
  • Saídas medias de arredor de 270.000 persoas por ano.
  • Orixes: Gran Bretaña, Alemaña e comeza a ser cada vez máis importante a emigración do sur de Europa.
  • Destinos: Estados Unidos, Brasil e Arxentina.
1881 a 1914/15
  • Saídas medias arredor de 900.000 persoas por ano.
  • Orixes: Países do sur e leste de Europa – A emigración británica segue sendo alta pero perde participación. A emigración alemá decae e a italiana aumenta moito chegando case a igualar a británica.
  • Destinos: EEUU, Brasil e Arxentina.

Participación aproximada de cada país na emigración para o conxunto do período 1820-1915:

  • Gran Bretaña 36% dos emigrantes europeos
  • Italia 18%
  • Alemaña 10%
  • Austria Hungría 10%
  • Península Ibérica 10%

Participación aproximada de cada país de destino entre 1820 e 1915:

  • Estados Unidos: 60% dos emigrantes totais
  • Arxentina, Brasil, Canadá, Australia e Nova Celandia: ningún dos países individualmente chegou a acadar o 10%

Emigración africana forzada de escravos (Estados do sur de EEUU e o Caribe español).

Emigración asiática de indios e chinos (ao Pacífico, Índico e o Caribe e Brasil). Arredor duns 10 millóns, con condicións semellantes ás da escravitude.

Causas da emigración:
  • Políticas: escapar de guerras, da represión (fuxidos, exiliados…)
  • Relixiosas: persecucións
  • Económicas (as máis importantes á hora de explicar o elevado número de emigrantes): procura de mellores condicións de vida (campesiños sen terra, obreiros sen traballo…), expectativas dunha vida mellor en destino (posibilidade de facerse con terra propia, de gañar maiores salarios, de obter traballo)
Axudas á emigración

Tamén foron importantes á hora de impulsar a saída de emigrantes. Houbo axudas nalgúns países de orixe e tamén nalgúns dos países de destino: concesión de terras, axudas para a primeira instalación, vivenda, axudas para pagar a viaxe.

Pero as axudas máis importantes foron as indirectas:

  • Redución dos custos de transporte e creación de liñas de navegación regulares
  • Melloras de condicións e na seguridade de viaxes
  • Desaparición de barreiras legais á emigración (servidume, prohibicións de saída)
  • Avances na difusión da información sobre as oportunidades en destino, sobre os custes…
  • Tamén foi importante o papel das redes migratorias
Consecuencias da emigración:

En conxunto pódese facer unha valoración favorable.

En Europa:

  • Disminución da presión sobre a terra
  • Obtención de remesas de emigrantes
  • Mellora dos salarios (sobre todo os industriais)
  • Desequilibrios demográficos nalgunhas zonas
  • Perda dunha poboación adulta en condicións boas para traballar

Nos países de inmigración:

  • Maiores posibilidades de explotar a terra e de investir capitais -> crecemento da renda
  • Presión á baixa ou contención de salarios, sobre todo para os traballos menos especializados -> algunhas protestas contra a inmigración
  • Saída de remesas
  • Escaseza de vivendas, escolas etc. nos momentos de elevada entrada de inmigrantes

Os Movementos Internacionais de Capital:

Ata o século XIX o investimento de capital no exterior era pequeno e estaba case limitado á compra de títulos de débeda pública ou ao investimento nas colonias por parte das súas metrópoles.

Pero, no século XIX, o investimento exterior empezou a medrar favorecido por:

  • Aumento do aforro -> oferta de capital
  • Desenvolvemento do sector financeiro (facilita a mobilidade de capital) (bancos, Bolsas, compañías de seguros…)
  • Demanda alta de capitais para a construción do FFCC, a urbanización, a industrialización, a creación de compañías mineiras, obras e servizos públicos (pontes, portos, auga, gas, electricidade…)

A partir de 1870 forte aumento do investimento de empresas privadas: siderurxia, metalomecánica, química, electricidade, plantacións agrarias.

Estímase que ao longo do século XIX se exportaron uns 9.500 millóns de libras esterlinas, incluíndo nesa cifra tanto o investimento inicial como o posterior reinvestimento de beneficios.

O investimento seguiu as mesmas etapas e respondeu a impulsos semellantes á emigración e viuse favorecido polo avance dos transportes e as comunicacións.

Gran Bretaña e Francia aportaron arredor dos dous terzos do capital total exportado e foron case os únicos exportadores ata 1870.

Dende 1870 incorporáronse como exportadores de capital: EEUU, Alemaña, e tamén países como Bélxica, Holanda…

Os principais destinos xeográficos do capital exportado foron: Europa, América do norte e América Latina.

Dende o punto de vista do uso do capital, os principais destinos foron a compra de títulos de débeda pública e do FFCC.

Consecuencias/resultados do investimento exterior:

Os prestamistas tiveron en moitos casos elevados beneficios, pero tamén houbo moitos fracasos.

Para os prestatarios os resultados dependeron en grande medida do uso de capital:

  • No destinado á construción ferroviaria, explotación mineira, creación de industrias, os resultados tenderon a ser positivos, se ben ás veces levaron ao esgotamento dos recursos non renovables nos países receptores.
  • No destinado á débeda pública os resultados para os prestatarios tenderon a ser peores xa que en moitos casos foi utilizado para fins militares, luxos e gastos superfluos, fomento de empresas non rentables etc.

O Xurdimento da Economía Internacional

Vistos a nivel global e de economía internacional, o crecemento do comercio, o da emigración e o dos fluxos de capital ao longo do século XIX tiveron efectos positivos sobre o crecemento económico.

Os indicados resultados positivos non impiden recoñecer que nalgúns países concretos puidera aumentar a dependencia exterior e converterse estes fluxos nun factor que en vez de axudar ao desenvolvemento económico deses países o obstaculizou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *