La Restauración Borbónica: Constitución, Partidos y Funcionamiento del Sistema

La Constitución de 1876

La Constitución de 1876, de corte moderado, sintetizó las de 1845 y 1869. Con 98 artículos, su redacción estuvo influenciada por Cánovas. Establecía un sistema político que permitía gobernar a partidos que aceptaran el liberalismo y la Monarquía.

Principios

foron:

 -.A soberanía esta  compartida entre o rei e as Cortes.

-Os dereitos e deberes dos cidadáns quedaban limitados polas leis ordinarias que tenderon a reducir certos dereitos como os de reunión, imprenta,  asociación  e expresión.

-O poder lexislativo sería compartido entre as cortes e o rei, podendo este último vetar as  leis e disolver as cámaras.

-A Coroa tiña o poder executivo, podendo nomear ao xefe de goberno e os ministros.

-As cortes eran bicamerais cun senado formado por designación real e un congreso elixido por voto directo.

-O poder xudicial tiña a potestade de aplicar as leis nos xuízos e os xuíces elixíanse por oposición. Reafirmábase a unidade dos códigos e suprimíanse definitivamente os foros e as  liberdades de  navarros e vascos.

-Establecíase un estado confesional católico no que se toleraban outras relixións  

pero só se permitían as cerimonias e as manifestacións públicas do rito católico 

Sen embargo constitución non fixaba o tipo de sufraxio (voto), de xeito tal quer en 1878,estando Cánovas no goberno, estableceuse o voto censatario e en  1890 durante o goberno Sagasta, aprobouse o sufraxio universal masculino para os homes varóns maiores de 25 anos.

5.4. OS PARTIDOS DO SISTEMAAo quedar os partidos antimonárquicos excluídos do sistema da Restauración, a participación na vida política do país quedou reducida ao que estableceron o partido conservador, encabezado por Cánovas e o partido liberal liderado por Sagasta. Ambos partidos chamados dinásticos, é dicir defensores a ultranza da dinastía Borbón, van  coincidir no fundamental e van turnarse no poder de xeito pacifico.

O Partido Conservador comezou a tomar forma durante o Sexenio e na súa ideoloxía predominaba o autoritarismo, a defensa da orde publica e social e os valores morais da Igrexa. O seu líder ata 1897 sería Antonio Cánovas. A súa base social estaba na aristocracia e a burguesía terratenente andaluza.

O Partido Liberal formado durante o reinado de Amádeo de Savoia, estará integrado por demócratas, constitucionalistas e, mesmo, por  republicanos moderados. O seu líder será Sagasta quen lle daría unha orientación reformista ao partido tentando manter as conquistas políticas e sociais do Sexenio,sobre todo o sufraxio universal.

A súa base social a integraban a burguesía industrial, profesionais liberais e as clases medias.

Os partidos liberal e conservador coincidían na defensa da monarquía,da Constitución,

da propiedade privada e dun estado liberal, unitario e centralista. E diferenciábanse en que os conservadores defendían o sufraxio censatario, a colaboración coa Igrexa e a orde social e económica existente e os liberais defendían o sufraxio universal, o reformismo social e a separación da Igrexa e o  Estado.

5.5. O FUNCIONAMENO DO SISTEMA. TURNISMO E CACIQUISMOO réxime da Restauración  estaba pensado para que o partido  liberal e o conservador se turnasen no poder sen necesidade de recorrer aos pronunciamentos militares.  Esta xeito de facer política concretouse en 1885 co Pacto do Pardo candoCánovas e Sagasta póñense de acordo para establecer un sistema polo que o partido conservador e o liberal deberían  turnarse no poder co fin de asegurar a pervivencia da monarquía, a estabilidade política diante da ameaza dos carlistas, e, sobre todo, para pecharlle o paso ao movemento republicano.

Esta alternancia no poder entre os dous partidos implicaba que cando polo desgaste político ou as crises  o partido do goberno perdía as elecións debía  ser  sustituido  polo que ata ese momento estaba na oposición. Esta alternancia que chamamos turnismo non tería sido posible sen a colaboración e participación da Coroa e sen as practicas do caciquismo que permitían, grazas á corrupcióne o fraude electoral, que os candidatos do goberno de turno saísen sempre elixidos deputados. Os métodos que definían a corrupción e o fraude electoral ían dende a falsificación do censo de votantes (as veces se incluía a persoas mortas), ata a merca de votos, a manipulación das actas electorais ou o exercicio da violencia para impedir o dereito de voto aos que se sabía ían votar contra o goberno. Todo este entremado  estaba dirixido polos caciques, persoas notables do lugar tales como médicos, xuíces, avogados, funcionarios ou propietarios ricos. Xunto a eles, por suposto,os membros da  Igrexa, cuxa relevancia e grande influencia na vida local, lles permitía conseguir traballo para os xornaleiros, controlar os concellos, facer informes e certificados persoais dos habitantes do lugar, manipular o sorteo das quintas e resolver ou complicar trámites burocráticos. Coa súa influencia os caciques orientaban o voto e “agradecían” a fidelidade dos votantes. Os caciques estaban sempre coordinados polos  gobernadores civís das provincias que a súa vez obedecían as instrucións do ministro de gobernación dende Madrid.O caciquismo deuse en toda España, pero sería en Andalucía, Castela e, sobre todo, Galicia, onde máis se deixaría notar a súa influencia que en moitos casos chega aos nosos días.  

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *