A CONSTITUCIÓN DE 1876
Foi unha constitución de corte moderado, síntese da de 1845 e 1869 que tiña 98 artigos e cuxa redacción estivo moi influída por Cánovas. O texto constitucional que viu a luz en xullo de 1876 establecía un sistema político que permitía o exercicio do gobernó a todos os partidos que aceptasen o sistema liberal e a Monarquía.
Os seus principios foron:
-.A soberanía esta compartida entre o reí e as Cortes.
-Os dereitos e deberes dos cidadáns quedaban limitados polas leis ordinarias que tenderon a reducir certos dereitos como os de reuníón, imprenta, asociación e expresión.
-O poder lexislativo sería compartido entre as cortes e o reí, podendo este último vetar as leis e disolver as cámaras.
-A Coroa tiña o poder executivo, podendo nomear ao xefe de gobernó e os ministros.
-As cortes eran bicamerais cun senado formado por designación real e un congreso elixido por voto directo.
-O poder xudicial tiña a potestade de aplicar as leis nos xuízos e os xuíces elixíanse por oposición. Reafirmábase a unidade dos códigos e suprimíanse definitivamente os foros e as liberdades de navarros e vascos.
-Establecíase un estado confesional católico no que se toleraban outras relixións
pero só se permitían as cerimonias e as manifestacións públicas do rito católico
Sen embargo constitución non fixaba o tipo de sufraxio (voto), de xeito tal quer en 1878,estando Cánovas no gobernó, estableceuse o voto censatario e en 1890 durante o gobernó Sagasta, aprobouse o sufraxio universal masculino para os homes varóns maiores de 25 anos.
OS PARTIDOS DO SISTEMA
Ao quedar os partidos antimonárquicos excluídos do sistema da Restauración, a participación na vida política do país quedou reducida ao que estableceron o partido conservador, encabezado por Cánovas e o partido liberal liderado por Sagasta.
Ambos partidos chamados dinásticos, é dicir defensores a ultranza da dinastía Borbón, van coincidir no fundamental e van turnarse no poder de xeito pacifico.
O Partido Conservador comezou a tomar forma durante o Sexenio e na súa ideoloxía predominaba o autoritarismo, a defensa da orde publica e social e os valores moráis da Igrexa.
O seu líder ata 1897 sería Antonio Cánovas. A súa base social estaba na aristocracia e a burguésía terratenente andaluza.
O Partido Liberal formado durante o reinado de Amádeo de Savoia, estará integrado por demócratas, constitucionalistas e, mesmo, por republicanos moderados. O seu líder será Sagasta quen lle daría unha orientación reformista ao partido tentando manter as conquistas políticas e sociais do Sexenio,sobre todo o sufraxio universal.
A súa base social a integraban a burguésía industrial, profesionais liberáis e as clases medias.
Os partidos liberal e conservador coincidían na defensa da monarquía,da Constitución,
da propiedade privada e dun estado liberal, unitario e centralista. E diferenciábanse en que os conservadores defendían o sufraxio censatario, a colaboración coa Igrexa e a orde social e económica existente e os liberáis defendían o sufraxio universal, o reformismo social e a separación da Igrexa e o Estado.
O FUNCIONAMENO DO SISTEMA. TURNISMO E CACIQUISMO
O réxime da Restauración estaba pensado para que o partido liberal e o conservador se turnasen no poder sen necesidade de recorrer aos pronunciamentos militares. Esta xeito de facer política concretouse en 1885 co Pacto do Pardo candoCánovas e Sagasta póñense de acordó para establecer un sistema polo que o partido conservador e o liberal deberían turnarse no poder co fin de asegurar a pervivencia da monarquía, a estabilidade política diante da ameaza dos carlistas, e, sobre todo, para pecharlle o paso ao movemento republicano.
Esta alternancia no poder entre os dous partidos implicaba que cando polo desgaste político ou as crises o partido do gobernó perdía as elecións debía ser sustituido polo que ata ese momento estaba na oposición. Esta alternancia que chamamos turnismo non tería sido posible sen a colaboración e participación da Coroa e sen as practicas do caciquismo que permitían, grazas á corrupcióne o fraude electoral, que os candidatos do gobernó de turno saísen sempre elixidos deputados. Os métodos que definían a corrupción e o fraude electoral ían dende a falsificación do censo de votantes (as veces se incluía a persoas mortas), ata a merca de votos, a manipulación das actas electorais ou o exercicio da violencia para impedir o dereito de voto aos que se sabía ían votar contra o gobernó. Todo este entremado estaba dirixido polos caciques, persoas notables do lugar tales como médicos, xuíces, avogados, funcionarios ou propietarios ricos. Xunto a eles, por suposto,os membros da Igrexa, cuxa relevancia e grande influencia na vida local, lles permitía conseguir traballo para os xornaleiros, controlar os concellos, facer informes e certificados persoais dos habitantes do lugar, manipular o sorteo das quintas e resolver ou complicar trámites burocráticos. Coa súa influencia os caciques orientaban o voto e “agradecían” a fidelidade dos votantes. Os caciques estaban sempre coordinados polos gobernadores civís das provincias que a súa vez obedecían as instrucións do ministro de gobernación dende Madrid
.
O caciquismo deuse en toda España, pero sería en Andalucía, Castela e, sobre todo, Galicia, onde máis se deixaría notar a súa influencia que en moitos casos chega aos nosos días.