Antigo Réxime
¿Qué era?
Era o sistema económico, social e político, herdeiro do feudalismo, que estaba vixente en Europa no séc. XVIII.
¿Características Xerais?
O sistema de goberno era o absolutismo monárquico, a sociedade era estamental e a agricultura era a base da poboación, maioritariamente campesiña.
¿Fin?
O séc. XVIII foi de tránsito entre o mundo aristocrático en declive e o novo mundo burgués que emerxía, que marca o comezo do mundo contemporáneo.
Economía
A economía era basicamente rural e o 80% da poboación dedicábase á agricultura. A propiedade da terra non se podía comprar nin vender, xa que estaba en mans da nobreza e da Igrexa. Existía o réxime señorial (herdado do feudalismo), é dicir, os campesiños pagaban rendas aos señores para poder traballar as terras e, ademais, pagan o 10%, o décimo, á Igrexa. Os señores vivían das rendas, ditaban ordes e impartían xustiza. A agricultura empregaba técnicas rudimentarias, con escasas melloras e baixa produtividade. A maior parte ía para o autoconsumo, os intercambios eran escasos e o comercio estaba dificultado pola insuficiencia de transporte. A pesar do predominio agrícola, a burguesía desempeñaba actividades artesanais e manufactureiras, que se viron estimuladas polo desenvolvemento do comercio ultramarino.
Pirámide Social
A sociedade estaba caracterizada pola desigualdade civil. A nobreza e o clero gozaban de dereitos e privilexios; acaparaban os cargos do exército, da Igrexa e da administración; e non pagaban impostos. Os demais non tiñan privilexios e debían pagar impostos para beneficio dos privilexiados. En Europa predominaba a monarquía absoluta. A autoridade do rei proviña de Deus e exercía o poder no seu nome. O rei Luís XIV de Francia, Rei Sol, foi o prototipo de monarca absoluto. O rei tiña todo o poder: executivo, lexislativo e xudicial. Non se sometía a controis e non compartía a soberanía. Non obstante, o poder do rei estaba limitado pola lei divina e polas leis fundamentais do reino.
Aumento Demográfico
Europa pasou de 100 a 200 millóns de habitantes, este crecemento foi debido ao aumento da producción agrícola, á mellora da economía e á diminución das grandes epidemias. O que supuxo un aumento da producción e a reactivación da economía.
Desenvolvemento Manufactureiro
O aumento da demanda estimulou o arado e, a introducción de novos cultivos e técnicas. O que iniciou o camiño cara á revolución agrícola de finais do XVIII. Para aumentar a produción artesanal e escapar do control dos gremios, introduciuse:
- Traballo a domicilio: facilitar a materia prima e os instrumentos a campesiños para elaborar produtos
- Manufacturas: instalacións cun elevado número de traballadores para elaborar artigos de luxo.
A produción vendíase nos mercados urbanos e, sobre todo, no comercio colonial ( a través da navegación).
Auxe do Capital e da Burguesía
A suba de prezos do XVIII empobreceu a nobreza que vivía das rendas agrarias e enriqueceu a burguesía. O desenvolvemento das novas formas produtivas e a expansión do comercio déronlle protagonismo á produción de bens, ao comercio e ao diñeiro. Como contrapartida, provocaron a crise do Antigo Réxime.
Comercio Colonial
É o comercio marítimo cos territorios extraeuropeos. Os europeos intercambiaban productos manufacturados por materias primas. Algúns produtos coloniais: azucre, café, tabaco,… A base deste era o comercio triangular. Os barcos partían de Europa hacia África para coller escravos, que logo ían a América onde traballaban nas plantacións e, por último, mandaban as materias a Europa, onde eran elaboradas. Os beneficios eran moi altos o que favoreceu o desenvolvemento de bancos e compañías comerciais.
Sistemas Parlamentarios
No XVIII, Gran Bretaña limitara o poder do rei e reforzara o do Parlamento, e os EUA constituían unha república fundamentada sobre unha Constitución e os dereitos dos cidadáns. A monarquía parlamentaria británica e a república americana constituíron un modelo para os ilustrados e inspiraron as revolucións que acabaron co absolutismo en Europa.
Inglaterra
Desde a Idade Media, en Inglaterra, o poder real estaba limitado polas 2 cámaras do Parlamento: Lores (clérigos e nobres) e Comúns (burgueses). Os monarcas necesitaban a autorización para aprobar impostos ou declarar a guerra. Ao longo do XVIII, unha serie de medidas asentaron o principio da separación de poderes. O Parlamento elaboraba as leis, o poder xudicial era independente do Goberno e, o monarca só dirixía o executivo e conservaba bastantes atribucións. Só unha minoría podía votar (sufraxio censitario), os colonos non estaban representados e a escravitude era aceptada.
EEUU
Jamestown. A única caída de G.W. é a de Fort Necessity en 1754. Guerra dos Sete Anos ( 1756-1763), Francia contra Gran Bretaña. Os indios aliábanse ao bando que lles conviña. Tratado de París, 1763, Francia cede territorios a Gran Bretaña. Gran Bretaña e Prusia gañan a guerra a Francia e os seus aliados.
As trece colonias británicas protagonizaron a primeira insurrección colonial contra unha metrópole e o primeiro exemplo de goberno fundado sobre os principios de igualdade e liberdade. Os colonos estaban descontentos porque non lles permitían ter representantes no Parl. e impoñíanlles un monopolio comercial e altos impostos. A decisión británica de darlle a venda de té a unha compañía inglesa provocou a revolta do té en Boston, que iniciou un conflito armado. O rei Xorxe III enviou o exército a sufocar a rebelión. Para reforzar a súa posición, delegados das 13 colonias, redactaron a Declaración de Independencia de EUA (1776). A guerra foi longa e tras a derrota de Yorktown, Gran Bretaña recoñeceu a independencia e George Washington foi proclamado presidente dos EEUU.
Pensadores Ilustrados
Os ilustrados propugnaban unha fe absoluta na razón (intelixencia humana) como único medio para entender e explicar o mundo. A meirande parte dos ilustrados eran deístas, é dicir, crían nunha relixión natural que admitía a idea de Deus, rexeitaban a superioridade de calquera relixión e condenaban a intolerancia relixiosa. Os ilustrados tiñan unha concepción optimista da natureza. Confiaban na idea de progreso e crían que a razón e mais a vontade humana podían transformar a sociedade.
Despotismo Ilustrado
Algúns soberanos, sen renunciar á sua autoridade, intentaron levar a cabo experiencias reformistas que unían o absolutismo coa ideas de progreso da Ilustración. Promoveron a racionalización da administración, o fomento da educación e a modernización económica. Impulsaron programas de desenvolvemento agrícola e industrial. A frase Todo para o pobo, pero sen o pobo define o carácter reformista do Despotismo Ilustrado e a vontade dos monarcas a actuar a prol do pobo, pero sen renunciar aos privilexios.
Difusión do Saber
Nas principais cidades de Europa, creáronse universidades e academias científicas; proliferaron os cafés e os salóns privados, onde se reunía a xente para presentar as súas novidades científicas. Os progresos na albetización permitiron unha maior difusión da prensa escrita.
A Enciclopedia
Filósofos e científicos colaboraron na elaboración da Enciclopedia. Promovida por Diderot e d´Alambert. O seu obxectivo era reunir coñecementos da época e expoñer as ideas críticas sobre a sociedade estamental e o absolutismo.
Nova Dinastía Española
En 1700 morreu Carlos II, o derradeiro rei da casa de Austria. A designación do príncipe francés Filipe de Borbón como herdeiro ao trono provocou un conflito armado: a Guerra de Sucesión. A vitoria dos partidarios de Filipe V supuxo o seu recoñecemento como rei de España e a entronización en España da dinastía Borbón. Os reinados de Filipe V e Fernando VI caracterizáronse pola implantación do modelo absolutista francés. O seu sucesor, Carlos III, estivo moi influído polo Despotismo Ilustrado e intentou levar a cabo un plan modernizador da economía española.
Uniformización Territorial
Ao rematar a Guerra de Sucesión, iniciouse a unificación dos antigos reinos de Aragón e Castela, impoñendo unhas leis únicas, unha administaración idéntica e a homoxeneización de todas as súas institucións. Promulgáronse os Decretos de Nova Planta, que anulaban os foros e institucións os distintos territorios da Coroa de Aragón e impoñíaselles o sistema admistrativo castelán.
Revolución Francesa
¿Por que estalou?
A difusión dos novos ideais da Ilustración, o desenvolvemento da burguesía e a Revolución americana estimularon os anhelos de cambio en Europa. As revolucións liberais iniciadas en Francia en 1789, espalláronse por toda Europa para rematar co absolutismo e co Antigo Réxime.
Causas
- Sociais: o mantemento da sociedade estamental nun momento de crise.
- Ideolóxicas: difusión das ideas ilustradas que cuestionan o Antigo Réxime. Desprestixio da Casa Real.
- Económicas: aumento dos gastos da Corte, fame por malas colleitas e subida do prezo do pan.
Crise económica: consecuencia das malas colleitas. Queixanse polo alto precio do pan.
Crise financeira: os monarcas gastaban moito diñeiro, que proviña dos impostos do terceiro estado. Propuxeron que os privilexiados pagasen impostos, pero estes negáronse e pediron a convocar os Estados Xerais.
Estados Xerais, 1789
O país estaba en bancarrota. Houbo que convocar os Estados Xerais para buscar solucións á crise . Antes da reunión, o Terceiro Estado elabora cadernos de queixas, nos que escribían queixas. Non deixan entrar ao Terceiro estado polo que estes crearán unha Asemblea Nacional.
Monarquía Constitucional
O sistema de voto perxudicaba ao Terceiro estado. Reúnense na sala do Xogo da Pelota e xuran permanecer unidos ata redactar unha Constitución. Comeza a revolución política A Asemblea Nacional xurdíu das fallidas reunións dos Estados Xerais, nas que o rei e a nobreza intentaron manipular aos convocados. Pasou a chamarse Asemblea Constituínte, decidida a desmontar o Antigo Réxime e redactar unha Constitución. Os campesiños rebélanse pola suba do prezo do pan e toman a Bastilla, unha cárcere símbolo do absolutismo. O Gran Medo foi cando os campesiños asaltan aos señores para destruír os documentos de propiedade, debido á fame. O cal precipita a toma de decisións. Apróbase o Decreto de Abolición dos dereitos feudais e a Declaración de dereitos do Home e do Cidadán. Mais tarde, aparecerá a Declaración de dereitos da muller e da cidadá. Expropiaronse os bens da Igrexa e vendéronse a particulare; e unha Constitución civil separou a Igrexa do Estado. A marcha sobre Versalles foi a marcha das furias (vendedoras de peixe), que armadas se dirixen ó palacio enfurecidas. Un grupo enfurecido consegue entrar no palacio e hai episodios de violencia. Mª Antonieta estivo preto da morte, pero fuxe a tempo.A familia real é presionada para ir a París e abandonar Versalles.Son recluídos no palacio das Tullerías e intentan fuxir. Inténtano e son recoñecidos en Varennes e arrestados. Tras 2 anos de elaboración, nace a 1ª Constitución (moderada) de Francia. Trala aceptación real (obrigado), nace a Asemblea Lexislativa. Constitución. Monarquía parlamentaria. Recoñécese a soberanía nacional e dereitos fundamentais. División de poderes. Sufraxio censitario. Austria e Prusia acoden á chamada de auxilio dos reis, o pobo enfurécese e asalta o palacio das Tullerías. Os reis conseguen refuxiarse pero resultar apresados, o rei vai ao cárcere e é destituído.
República Social
Tras proclamarse a República convócase a Convención Nacional. As primeiras etapas son moderadas (Convención Xirondina) e as últimas serán radicais (Convención Montañesa e O Terror). O Parlamento controlado por xirondinos e montañeses. Protagonizaron violentos enfrontamentos entre sí.
Convención Xirondina
As matanzas de setembro: os sans-culottes asaltaron o cárcere de París e asasinaron relixiosos e membros da nobreza. Tras atopar correspondencia do rei pedindo axuda ó estranxeiro, o rei é acusado de alta traición á patria. É separado da familia para o proceso, finalmente condeárono á morte. A execución do rei e o medo ó contaxio revolucionario, une a toda Europa contra a revolución.Fórmase unha coalición integrada por Austria, Rusia, Reino de Nápoles, Reino Unido, Provincias Unidas dos Países Baixos e España. A Garda Nacional firmes defensores do proceso revolucionario, conseguirán deter o avance dos exércitos estranxeiros. La vendée: Estalla cando o goberno decreta levar homes para a guerra. A insurrección campesiña foi apoiada pola pequena nobreza; defendían a monarquía e o catolicismo. Acaba controlada pero cun baño de sangue.
Convención Xacobina
O Tribunal revolucionario loita contra calquer movemento contrarrevolucionario. Foi instrumentalizado polos xacobinos e as súas decisións non tiñan opción de recurso. O Comité de Salvación Pública estaban decididos a impulsar xuízos contra calquer sospeita de contrarrevolución. Chegará a ser o principial órgano de goberno e acabará xuzgando ós xirondinos ata provocar o asalto ó poder dos xacobinos. En 1793, os sans-culottes protagonizan un golpe de estado contra os xirondinos. Os montañeses, dirixidos por Robespierre, toman o poder. Elaboraron unha Constitución + democrática, que recoñecía a soberanía popular e o sufraxio universal masculino. A separación de poderes quedou moi debilitada, pois Robespierre implantou unha dictadura. Suspendeuse a Constitución e aprobáronse leis de sospeitosos que permitía ó Comité de Salvación Pública xulgar e executar sen probas. O propio Robespierre o xustificaba así: «O terror non é máis que a xustiza rápida, severa, inflexible.» María Antonieta é posta a disposición xudicial ante o Tribunal revolucionario. Estaba condenada de antemán. Dous días despois, é condeada a morte. A crise das subsistencias foi unha constante. O descontento vai en aumento e Robespierre vai perdendo apoios. O intento de ordenar novos arrestos e o clima de terror, provocou un golpe de estado, onde é arrestado e despois executado.
República Conservadora
A burguesía moderada tomou o control da Revolución. Anuláronse a leis xacobinas e promoveuse o retorno dos exiliados por mor do Terror. Unha Constitución deulle poder executivo a un goberno colexiado e restableceu o sufraxio censatario. O novo Directorio viviu unha etapa de inestabilidade. Nese contexto de crise e en plena guerra contra as potencias absolutistas, en 1799, Napoleón Bonaparte protagonizoy un golpe de estado que lle puxo fin ao Directorio.