Europa a Finais do Século XIX
Europa tiña unha certa estabilidade política a finais do século XIX, pero quedaban unha serie de conflitos:
- Os imperios Turco e Austro-Húngaro seguían sendo réximes absolutistas e englobaban diferentes pobos que aspiraban á independencia.
- En Europa occidental, as poboacións seguían loitando por conseguir a democracia e a ampliación dos dereitos dos cidadáns.
España (1833-1898) no Século XIX
Trala morte do derradeiro rei absolutista, Fernando VII, en 1833, o liberalismo foise asentando en España no século XIX.
Durante o reinado de Isabel II (1833-1868) destacaron:
- As guerras carlistas.
- As intervencións dos militares (pronunciamentos).
- O inicio da industrialización.
- A rivalidade política entre liberais moderados e liberais progresistas.
España de Isabel II (1833-1868)
Como era menor de idade ata 1843, houbo dúas rexentes que gobernaron España no nome de Isabel II: María Cristina e Espartero.
Producíronse as guerras carlistas entre os defensores do dereito ao trono de Carlos de Borbón (carlistas ou absolutistas) e os defensores de Isabel II (liberais).
Durante os 25 anos de reinado persoal de Isabel II, o partido moderado gobernou durante case todo ese tempo, agás durante o bienio do partido progresista. Houbo constantes cambios de goberno e cada partido impuxo a súa constitución.
A crise económica, o desprestixio da raíña, a corrupción política e a presión dos opositores levarían ao derrocamento de Isabel II en 1868.
O Sexenio Democrático (1868-74)
A revolución do 68, dirixida polos militares progresistas e demócratas, acaba coa monarquía borbónica e, un ano despois, instauran o sufraxio universal e a constitución democrática de 1869.
Entre 1870 e 1873, o rei Amadeo I de Savoia tenta reinar como un monarca democrático, pero a falta de apoios e as guerras cubana e carlista lévano a abdicar no último ano.
Os republicanos tentan introducir profundas reformas no país e transformar España nun Estado federal, pero a falta de apoios e os problemas fixeron que a república apenas durase un ano.
O exército dá un golpe de estado e, a finais de 1874, os militares proclaman como rei de España a Alfonso XII de Borbón.
A Restauración Borbónica
Antonio Cánovas del Castillo puxo en marcha un sistema político que se mantivo durante case 50 anos en Europa.
O sistema baséase no bipartidismo ou quenda, na corrupción electoral, no caciquismo e na constitución conservadora de 1876.
Tratábase, polo tanto, dun sistema parlamentario literal, pero non democrático.
O caciquismo foi un fenómeno característico da España da Restauración.
O cacique era unha personaxe importante que influía nas eleccións e controlaba a vida económica e política das vilas.
Galicia foi unha das rexións onde estivo máis presente este fenómeno.
Durante a Restauración tamén se desenvolven os nacionalismos e o desastre do 98.
Nacen diferentes movementos nacionalistas en Cataluña, País Vasco e Galicia.
En Cataluña nacen as organizacións políticas a favor da autonomía.
En 1895 fúndase o PNV.
En Galicia desenvólvese o Rexurdimento e aparecen as primeiras organizacións rexionalistas.
En 1898, EEUU decláralle a guerra a España. Despois dun breve conflito, España perde as súas últimas colonias (Cuba, Porto Rico e Filipinas).
A Arte Europea na Época das Revolucións
O Romanticismo foi un movemento cultural e artístico que se espallou por Europa nas primeiras décadas do século XIX.
Era unha nova estética e un novo sentimento con valores como a liberdade, a imaxinación, a forza da natureza, o individualismo e a exaltación de sentimentos.
Os artistas inspiráronse na Idade Media e na cultura oriental.
Simpatizaba co desexo de liberdade das nacións e a loita contra a tiranía.
Os Pintores Románticos
A maioría dos pintores románticos reflicten nas súas obras os valores da época.
- Movemento: Supón unha ruptura co estilo neoclásico, solemne e inmóbil.
- Cor e luz: Empréganse cores brillantes, aplicadas con pinceladas soltas, e os cadros énchense de luz.
- Paisaxe: A natureza é a protagonista da maioría dos cadros.
Destacaron os franceses Delacroix e Géricault, o alemán Friedrich e o inglés Turner.
Exemplos de Pinturas Románticas
- Friedrich: Viaxeiro fronte a un mar de néboa. O cadro amósanos valores clásicos do romanticismo.
- Delacroix: A liberdade guiando ao pobo (a luz incide sobre a figura que representa a liberdade) / O masacre de Quíos, a causante da súa desgraza é a opresión turca que derrotou aos gregos insurrectos que loitaban pola súa independencia.
- Géricault: A balsa da Medusa. Esta pintura amósanos un grupo de náufragos, cercados pola morte e a desesperación no mar embravecido, pasando do abatimento á esperanza ao avistar un barco no horizonte.
- Turner: Chuvia, vapor e velocidade. Era un apaixonado dos xogos de luz e do movemento e anuncia coa súa técnica a chegada do impresionismo.
Glosario
- Monarquía constitucional: Sistema político na que os poderes do rei están limitados por un parlamento e unha constitución.
- República: Forma de goberno no cal o xefe de estado é elixido polos cidadáns.
- Revolución: Cambio total ou radical dunha situación política, económica ou social.
- Pronunciamento: Levantamento armado contra o goberno para obrigalo a cambiar.
- Liberalismo: Sistema político económico xurdido no XVIII e que defende as liberdades e dereitos dos cidadáns e a división de poderes.
- Nacionalismo: Ideoloxía que defende o dereito das nacións e pobos a ter un Estado propio.
- Sufraxio: Acto polo cal unha persoa emite un voto nunhas eleccións.
- Guerrilla: Forma de guerra armada, que loita de forma discontinua contra un exército ocupante ou un réxime opresor.
- A Santa Alianza: Tratado político e militar asignado por Austria, Rusia e Prusia en 1815 para defender o absolutismo contra calquera revolución liberal en Europa.
- Desamortización: Venda de bens amortizados.