La Crisis Final del Franquismo y la Transición a la Democracia en España (1973-1982)

INTRODUCCIÓN:

– 3ª ETAPA (1973 – 1975): A CRISE FINAL DO RÉXIME FRANQUISTA

a) CRISE ECONÓMICA:

. Os anos finais do franquismo (e a transición democrática) coincidiron coa chegada a España da crise económica mundial iniciada en 1973 (debida a un aumento desmesurado dos prezos do petróleo, co conseguinte aumento dos custos de produción), caracterizada polos seguintes rasgos: acumulación de stocks, peche de empresas, aumento do paro, inflación, descenso da produción,…

Esta crise incrementou considerablemente a conflitividade laboral (aumenta o número de folgas, manifestacións e protestas obreiras, moitas delas combinaban reivindicacións económicas e políticas) e provocou unha caída dos investimentos de capital estranxeiro en España (que constituíran un dos motores fundamentais do crecemento económico español dos anos sesenta).

b) ACENTÚASE TODAVÍA MÁIS A OPOSICIÓN Ó RÉXIME:

. Incremento das folgas, manifestacións e protestas do MUNDO OBREIRO, afectado pola crise económica a partir de 1973 (superprodución, peche de empresas, aumento do paro, inflación,…). Moitas destas folgas combinaban reivindicacións laborais e políticas (esixencias de liberdade sindical, protestas contra a represión,…)

. Incrementouse a ACTIVIDADE TERRORISTA: numerosos atentados de ETA ou de organizacións de extrema esquerda como FRAP ou GRAPO.

. Intensificouse a AXITACIÓN UNIVERSITARIA (aumentan as folgas, manifestacións e protestas na universidade,…)

. A IGREXA continúa apartándose cada vez máis do réxime.

. Aparecen sectores no exército partidarios da democratización do sistema: creación da UMD (Unión Militar Democrática).

. Aparecen dentro do propio réxime sectores aperturistas ou reformistas (que pretenden conseguir reformas no interior do sistema que encamiñen a España cara unha democracia) enfrentados aos inmobilistas ou continuistas (contrarios a calquera tipo de cambio).

. A resposta do réxime a esta ampla oposición continuou sendo a represión (execución do anarquista Puig Antich, penas de morte para implicados en actos terroristas,…).

. CRECEMENTO E PROCESO DE UNIFICACIÓN DA OPOSICIÓN DEMOCRÁTICA:

. En 1971 creouse a Asamblea de Cataluña, o primeiro organismo unitario de oposición, co obxectivo de forzar a ruptura democrática mediante unha gran alianza de grupos políticos e sociais antifranquistas.

. Destaca o protagonismo do PCE na loita antifranquista destes anos (dirixiu moitos dos movementos sociais) e era partidario dunha alianza entre todas as forzas democráticas do Estado, polo que en 1974 creou a Xunta Democrática, formada por diferentes tendencias (comunistas, CCOO, partidos de esquerda e incluso da dereita democrática,…). Esta organización pretendía conseguir a formación dun goberno provisional que encamiñase ó país cara a democracia. Entre as principais medidas que reivindicaban no seu programa destacan as seguintes: amnistía para os presos políticos do franquismo, legalización de todos os partidos políticos, liberdades políticas e sindicais, recoñecemento da personalidade política dos pobos catalán, vasco, galego e doutros territorios que o decidan democraticamente.

. En 1975 o PSOE impulsou a formación da Plataforma de Converxencia Democrática (integrada por socialistas, demócrata cristiáns, UXT, PNV,…), cun programa similar ó da Xunta Democrática.

. ETAPAS:

. GOBERNO DE CARRERO BLANCO (1973):

En 1973 Franco nomeou a Carrero Blanco presidente do Goberno, que representaba o inmobilismo a todos os niveis (ó búnker) e freou calquera intento de apertura no interior do réxime e acentuou a represión, perseguindo implacablemente á oposición democrática. Neste mesmo ano Carrero Blanco foi asasinado por ETA e Franco nomeou como novo Presidente de Goberno a Arias Navarro.

. GOBERNO DE ARIAS NAVARRO (1973-1975):

Inicialmente o goberno de Arias Navarro semellaba orientarse cara á apertura, con numerosas promesas (“espírito do 12 de febreiro”) de reforma gradual do réxime (maior liberdade de prensa, elección de alcaldes,…), pero este reformismo prometido non se aplicou e acentuouse a represión (execución do anarquista Puig Antich e de varios activistas de ETA e do FRAP, a pesar das presións internacionais).

Incapacidade deste goberno de restablecer a orde social (conflitividade laboral; atentados de ETA, FRAP e de organizacións de ultradereita que pretendían deter calquera tipo de cambio,…).

Acentúanse as tensións no interior do réxime entre o sector aperturista e o inmobilista (que presiona ó Goberno a actuar con maior dureza fronte á desorde social e a calquera intento de cambio). Moitos alumnos tiveron problemas no doc4 da opción A de xuño do 2010 (pensaban que o autor do texto era un maqui cando non era así, J.A. Girón de Velasco era falanxista e representaba ó sector inmobilista, oposto a calquera tipo de cambio, ó igual que a Confederación Nacional de Excombatientes que presidía).

TRANSICIÓN Á DEMOCRACIA (1975-1982):

Morte de Franco (novembro de 1975) ► Xoan Carlos I sucédelle co título de rei, en aplicación da legalidade franquista, aínda que o lexítimo herdeiro era o seu pai, Xoán de Borbón (este problema solucionouse posteriormente, en 1977, cando Xoan de Borbón cede oficialmente os seus dereitos dinásticos a Xoán Carlos).

A oposición democrática de esquerdas, ilegal e clandestina, desconfía da vontade democratizadora do rei, e promove manifestacións co obxectivo de conseguir a democracia pola vía rupturista (…)

ETAPAS:

1 – GOBERNO DE ARIAS NAVARRO (1975-76)

· Xoan Carlos I mantivo como Presidente do Goberno a Arias Navarro (presidira tamén o goberno anterior a finais do réxime de Franco) e nomeou como presidente do Consello do Reino e das Cortes a Torcuato Fernández Miranda (reformista).

· TENDENCIAS POLÍTICAS:

o DENTRO DO RÉXIME:

Ø Inmobilistas (“búnker”): Pretenden a continuación do franquismo.

Ø Aperturistas ou reformistas: pretenden a democratización dende o interior do propio sistema.

o FÓRA DO RÉXIME:

Ø A maior parte da oposición antifranquista quere rematar co réxime ditatorial e democratizar o país mediante métodos rupturistas.

· INCREMENTO DA OPOSICIÓN POLÍTICA Ó RÉXIME DITATORIAL E AFIANZAMENTO DA TENDENCIA Á UNIFICACIÓN DA OPOSICIÓN (proceso iniciado a finais do franquismo) ► Creación en 1976 da “Plataxunta” ou Coordinación Democrática (unión da Plataforma Democrática coa Xunta Democrática), que pretende conseguir a democracia mediante métodos rupturistas (ata a aprobación en referendo da LRP, a partir da cal a oposición antifranquista aceptará a vía reformista defendida por Suárez, nun clima de consenso ou acordo entre todas as forzas democráticas, como veremos posteriormente). O programa da “Plataxunta” insistía na petición dunha amnistía xeral para os presos políticos do réxime, a legalización dos partidos e sindicatos prohibidos pola ditadura, a defensa das liberdades e a celebración de eleccións libres.

· OPINIÓN PÚBLICA CADA VEZ MÁIS PARTIDARIA DA DEMOCRATIZACIÓN:

o AUMENTO DA OPOSICIÓN SOCIAL Ó RÉXIME DITATORIAL: frecuentes folgas e manifestacións provocadas por motivos económicos (reivindicacións laborais, relacionadas co contexto de crise económica dende 1973…) E POLÍTICOS (esixencias de democratización, de autonomía rexional, de amnistía para presos políticos,…).

· Neste contexto O GOBERNO DE ARIAS NAVARRO EMPRENDEU TÍMIDAS REFORMAS QUE NON ALTERARON AS CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS DO RÉXIME ► DIMISIÓN, provocada polo rei, que nomea como novo Presidente do Goberno a Adolfo Suárez.

2 – PRIMEIRO GOBERNO DE ADOLFO SUÁREZ (1976-77)

(ATA AS PRIMEIRAS ELECCIÓNS DEMOCRÁTICAS TRALA APROBACIÓN DA LRP)

O novo goberno encabezado por Suárez DESENVOLVEU UN PROGRAMA ABERTAMENTE REFORMISTA no que se aprobou a concesión dunha amnistía para todos os presos políticos (agás os acusados de delictos de terrorismo); permitiu unha ampla liberdade de expresión; intensificáronse as conversacións cos líderes da oposición e coas forzas franquistas para conseguir o respaldo á vía aperturista; conseguiu que a cúpula militar aceptase o seu proxecto de liberdade sindical e política, sempre e cando non se legalizase o PCE.

· Durante todo este período continúan as manifestacións públicas e os atentados terroristas.

· A extrema dereita emprega a violencia como medio para impedir os cambios.

· Impulsou a democratización do réxime seguindo un método NON rupturista: pretende acabar co réxime ditatorial dende dentro (“de lei a lei”), aproveitando as leis e institucións do franquismo ► APROBACIÓN DA LEI PARA A REFORMA POLÍTICA (LRP), que lle concedía o poder lexislativo unicamente ao pobo, convertendo ás Cortes franquistas nun Senado e Congreso elixidos por sufraxio universal. Entre as razóns da súa aprobación polos procuradores das Cortes franquistas debemos salientar a vontade democratizadora do rei, que busca consolidar a monarquía nun momento en que a democratización parece inevitable, e o compromiso de non esixir responsabilidades ás persoas que colaboraran coa ditadura.

Trala súa aprobación polas Cortes, a LRP debía ser sometida a referendo. A oposición democrática mantiña as teses rupturistas e pediu a abstención no referendo. A abstención alcanzou o 22% e máis do 90% do electorado votou sí.

A aprobación da LRP deixou aberto o camiño cara a democracia en España e supuxo o triunfo da vía reformista fronte ás posicións continuistas (inmobilistas) e rupturistas (tralo referendo da LRP as forzas da “Plataxunta” ou Coordinación Democrática abandonaron numerosos contidos da ruptura democrática, como o rexeitamento da monarquía, a formación dun goberno provisional ou o dereito á autodeterminación).

Tras o resultado favorable sobre a LRP, Suárez debía preparar as eleccións xerais, pero a reacción da extrema dereita e da extrema esquerda puxeron en grave perigo o proceso iniciado (“semana negra”: asasinatos de policías e gardas civís por parte da extrema esquerda, atentado contra abogados vinculados ó PCE durante a matanza de Atocha por parte da extrema dereita). Adolfo Suárez decide legalizar o PCE (medida necesaria para que as eleccións fosen realmente democráticas), o que provocou a indignación do exército e dos sectores máis inmobilistas.

· Aprobación da LRP ► primeiras eleccións democráticas (1977) ► Gaña a UCD (ver gráfico páx. 413) ► As Cortes elixidas aproban a Constitución de 1978 durante o primeiro goberno da UCD (etapa seguinte).

3 – PRIMEIRO GOBERNO DA UCD (1977-79), presidido por Adolfo Suárez:

· Primeiras eleccións democráticas trala aprobación da LRPGaña UCD ► As Cortes elixidas aproban a Constitución de 1978.

· CONTEXTO DE CRISE ECONÓMICA durante toda a transición (provocada pola suba do prezo do petróleo de 1973), especialmente grave a partir de 1975 (crise de superproducción, aumento do paro, inflación, expansión do gasto público,…), que vai provocar os Pactos da Moncloa (acordos acadados en outubro de 1977 polo goberno Suárez cos grupos políticos, organizacións sindicais e patronais para frear os efectos da crise económica, reducir a inflación, o paro e a conflitividade laboral. Conseguiuse reducir a inflación e o déficit exterior, pero non o paro.

· A maioría dos partidos e da sociedade española eran partidarios dun consenso que consolidase a democracia en España, POSTO QUE ESTA SEGUÍA ESTANDO AMEAZADA POR:

o Terrorismo de ETA (nacionalismo radical) e de extrema esquerda (GRAPO, FRAP), que escollían as súas vítimas entre membros das forzas armadas, dos corpos de seguridade ou personalidades vinculadas ao franquismo, estimulando aínda máis as apetencias involucionistas dalgúns destes sectores.

o Violencia exercida por grupos de extrema dereita (Batallón Vasco Español, Triple A, Guerrilleiros de Cristo Rei), que trataban de impedir a consolidación democrática.

o Risco de golpe de Estado militar (ata o fracaso do golpe de Estado do 23F de 1981 na seguinte etapa, a consolidación democrática corría perigo debido a todos estes factores, de aí a política de consenso ou acordo entre todas as forzas políticas democráticas).

A CONSTITUCIÓN DE 1978:

§ Froito do CONSENSO (política de acordo entre as diferentes forzas políticas democráticas), que se reflicte nos seguintes contidos da Constitución:

· Monarquía parlamentaria (na que a Coroa ten básicamente funcións representativas, e na que o exército queda sometido ó poder civil, aceptada polas esquerdas, tradicionalmente republicanas.

· Estado unitario (ningún territorio se pode independizar de España) e autonómico (recoñece a posibilidade de autonomía dos diferentes territorios que integran o Estado español).

· Estado aconfesional, aínda que urxe aos poderes públicos a ter en conta a relixiosidade dos españois e manter relacións de cooperación coa Igrexa Católica.

§ DEMOCRÁTICA: soberanía nacional (…); igualdade legal; sufraxio universal (…); ampla declaración de dereitos e libertades (…); división de poderes: o executivo reside no Goberno, formado polo Presidente (elixido polo lexislativo) e os ministros (elixidos polo Presidente do Goberno); o lexislativo reside no Parlamento ou Cortes Xerais, formado polo Senado (cámara de representación territorial) e o Congreso de Deputados, que elaboran e aproban as leis, aproban os presupostos e controlan ó Goberno (incluso poden facer dimitir ó Goberno utilizando a moción de censura); o xudicial reside nos tribunais de Xustiza.

4 – SEGUNDO GOBERNO DA UCD (1979-1982):

· Eleccións de 1979volve a gañar a UCD de Adolfo Suárez.

· Aínda que legalmente España é un país democrático (constitución de 1978), a democracia seguía a estar ameazada polos mesmos puntos vistos na etapa anterior.

· Crise da UCD; provocada pola recesión económica (agravada por unha nova suba dos prezos do petróleo en 1979), o terrorismo e as divisións internas dentro do partido (que cuestionaban o liderado de Adolfo Suárez) ► dimisión de Adolfo Suárez.

· Golpe de Estado fracasado do 23F de 1981, que pretendía acabar coa democracia (parte do exército estaba en contra da democracia e de reformas anteriores como a legalización do PCE, proceso autonómico, o terrorismo de ETA e de extrema esquerda) durante a sesión de investidura de Leopoldo Calvo Sotelo (destacar o papel do rei na resolución do conflito)consolidación da democracia en España.

· Novas eleccións de 1982remata a transición e consolídase definitivamente a democracia en España co triunfo do PSOE (un dos partidos antifranquistas) ► OS GOBERNOS DO PSOE (1982-1996).

APUNTES TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA:

INTRODUCIÓN: A CRISE FINAL DO FRANQUISMO (1973-1975) (ESQUEMA DE ARRIBA)

1.- O GOBERNO DE ARIAS NAVARRO (1975-1976):

En novembro de 1975, o rei Xoan Carlos I “confirmou” ó presidente do goberno, Arias Navarro. Este Goberno tivo unha composición heteroxénea e nel estaban representadas tódalas familias do réxime, así como personalidades consideradas reformistas (Fraga, Adolfo Suárez, Martín Villa).

No novo goberno conviviron dous proxectos políticos diferentes:

– O continuísta (Arias Navarro) defendía a permanencia do modelo franquista coa concesión dalgúns dereitos.

– O reformista (Adolfo Suárez) pretendía conseguir unha auténtica democracia.

Deste primeiro Goberno de Monarquía agardábase que seguise activando as reformas que se propuxeran na etapa anterior. Arias Navarro volveu a falar dun programa de reformas, pero era unha reforma ficticia que non alteraba as características fundamentais do réxime. Axiña se vería que non era o home axeitado para levar a España a un réxime democrático.

A “vella garda” dos franquistas se agrupaba nas Cortes herdadas do antigo réxime formando o grupo que rematou por ser coñecido polo “búnker”. Este “búnker” rexeitou nas Cortes os tímidos proxectos de apertura. Non se avanzaba na preparación de leis decisivas de liberalización política.

Ante a incapacidade do Goberno de Arias Navarro de levar a cabo calquera reforma democrática, a oposición democrática impulsa mobilizacións reivindicativas (que defendían a chamada ruptura democrática) e define unha alternativa unitaria entre tódalas forzas antifranquistas. A oposición democrática esixía o restablecemento inmediato da democracia e a ruptura coas institucións do sistema franquista. As forzas disidentes continuaron co seu proceso de reagrupamento. Paralelamente a conflictividade laboral, as folgas, protestas e manifestacións populares aumentaban nas rúas.

As motivacións das folgas e das protestas eran tanto económicas como políticas (reivindicaban liberdades, amnistía, autonomía,…). Estas últimas eran diversas: algunhas obedecen á estratexia do PCE de presionar nas rúas para conseguir a ruptura democrática; outras están relacionadas coas reivindicacións nacionalistas, especialmente en Cataluña. A necesidade de coordinar esforzos favorece a fusión das forzas da oposición democrática nun só organismo: Coordinación Democrática, popularmente coñecido como a Plataxunta. A proposta política deste organismo expresábase na forma de ruptura democrática, isto é, un procedemento que, a través dun goberno provisional e unhas eleccións xerais constituíntes, puñase as bases dun novo sistema político. O programa da “Plataxunta” insistía na petición dunha amnistía xeral para os presos políticos do réxime, a legalización dos partidos e sindicatos prohibidos pola ditadura, a defensa das liberdades e a celebración de eleccións libres.

O rei, nunha viaxe ós Estados Unidos, e nunhas declaracións a unha revista americana, declarara o seu propósito de establecer en España un réxime democrático e falara dos problemas que tiña con Arias. Con isto quedou claro que xa non tiña confianza no seu Primeiro Ministro, que acabou presentando a súa dimisión (1976).

2.- O PRIMEIRO GOBERNO DE ADOLFO SUÁREZ (1976-77) (ATA A APROBACIÓN DAS PRIMEIRAS ELECCIÓNS DEMOCRÁTICAS TRALA APROBACIÓN DA LRP):

O rei designa a Adolfo Suárez novo presidente do Goberno (1976). España quedou sorprendida. Ninguén cría que el fose o home apropiado para traer a democracia a España. Mais as cousas transcorreron de maneira moi distinta. Entre 1976 e 1977 procedeuse o desmantelamento das institucións do réxime de Franco e á convocatoria dunhas eleccións xerais para unhas novas Cortes democráticas. Este proceso chámase transición democrática e desembocou na elaboración e promulgación da Constitución democrática de 1978.

O novo goberno encabezado por Suárez DESENVOLVEU UN PROGRAMA ABERTAMENTE REFORMISTA no que se aprobou a concesión dunha amnistía para todos os presos políticos (agás os acusados de delictos de terrorismo); permitiu unha ampla liberdade de expresión; intensificáronse as conversacións cos líderes da oposición e coas forzas franquistas para conseguir o respaldo á vía aperturista; conseguiu que a cúpula militar aceptase o seu proxecto de liberdade sindical e política, sempre e cando non se legalizase o PCE.

Nas rúas seguen as manifestacións públicas e os atentados terroristas protagonizados por ETA e GRAPO. Así mesmo, a extrema dereita emprega a violencia como medio para impedir os cambios.

O Partido Comunista, en Roma, declara o seu compromiso de buscar a concordia entre tódolos españois e de respectar a liberdade e os dereitos individuais, esperando así, abrir vías de diálogo co Goberno.

Suárez pretendía a creación dun novo réxime democrático, pero para conseguilo tería que vencer primeiro as dificultades que presentaría o vello aparato do franquismo.

O mecanismo que os reformistas tiñan pensado para pasar desde a situación autoritaria a outra democrática, tiña como base a idea de ir “da lei á lei” (das leis de Franco as liberais democráticas). Para isto había que elaborar unha nova lei básica. A lei proposta chamouse Lei para a Reforma Política (LRP). A esta lei déuslle o rango de Lei Fundamental.

– A aprobación da Lei para a Reforma Política (LRP):

A clave de todo era que aquela Lei Fundamental, que poñía as bases dun sistema democrático, fose aprobada, precisamente, polas institucións franquistas. As Cortes, que poderían ter detido o proceso, non o fixeron. Todo o aparello do “búnker” actuou como se agardaba opoñéndose á reforma. Mais a súa forza era xa pequena. O texto final da lei resultou aprobado. Os factores básicos que fixeron posible dita aprobación foron, en primeiro lugar, a renovada forza reformista da monarquía, nun momento no que a democratización parecía inevitable. En segundo lugar, o apoio da maioría de procuradores en Cortes á proposta de Suárez porque garantizaba que non se esixirían responsabilidades ós implicados na dictadura. En definitiva, representaba unha transición sen riscos, á que soamente se negou o búnker.

Trala súa aprobación polas Cortes, a LRP debía ser sometida a referendo. A oposición democrática mantiña as teses rupturistas e pediu a abstención no referendo. A abstención alcanzou o 22% e máis do 90% do electorado votou sí. Este resultado amosou que o goberno foi capaz de manter a iniciativa política e a oposición viuse obrigada a modificar a súa estratexia. Deste xeito, renunciou a numerosos contidos da ruptura democrática (como o rexeitamento da monarquía, a formación dun goberno provisional ou ó dereito á autodeterminación).

A aprobación en referendo da LRP deixaba aberto en España o camiño cara a democracia.

CARA ÁS PRIMEIRAS ELECCIÓNS DEMOCRÁTICAS:

Tralo resultado favorable sobre a LRP, o Goberno Suárez comezou a desmantelar as institucións franquistas e preparar as eleccións xerais. Sen embargo, o camiño cara a democracia non estivo exento de sobresaltos e temores; os grupos ultras e de extrema esquerda sacudiron a sociedade española cos seus atentados.

Pouco a pouco o sistema de represión e as institucións franquistas van sendo suprimidas, ó tempo que se avanza na legalización dos partidos políticos. A aprobación da LRP significou un fortalecemento do camiño emprendido polos reformistas. O labor do goberno Suárez en 1977 era crear as condicións para que se puidese construír o novo réxime, o cal supuña promover a aparición dos partidos políticos e poder elixir os gobernantes de forma democrática. Deste xeito apareceron grupos políticos na dereita, no centro e na esquerda. O grupo máis firme da dereita sería o que comezou chamándose Alianza Popular e o seu home clave Fraga Iribarne. Adolfo Suárez achegouse a algúns grupos centristas e dun heteroxéneo conxunto rematou xurdindo a Unión de Centro Democrático (UCD).

A esquerda identificábase sobre todo cos partidos de tradición obreirista e de inspiración marxista: O PSOE e o PCE, ademais dun importante número de grupos e grupúsculos na extrema esquerda.

Un dos problemas máis graves para o Goberno foi o da legalización do Partido Comunista de España (PCE), que se levou a cabo en 1977 (necesaria para que as eleccións fosen realmente democráticas). Sorprendendo a todo o mundo, Suárez (baixo a súa absoluta responsabilidade) decidiu legalizar o Partido Comunista en 1977. O feito provocou malestar no exército. O medo a unha involución militar estaba moi presente.

DAS ELECCIÓNS Á CONSTITUCIÓN:

Foron convocadas unhas eleccións xerais (1977) que gañou a UCD de Adolfo Suárez.

3.—O PRIMEIRO GOBERNO DA UCD (1977-1979)

– RESULTADOS DAS ELECCIÓNS DE 1977 (ver gráfico páx. 412):

3.—O PRIMEIRO GOBERNO DA UCD (1977-1979)

– RESULTADOS DAS ELECCIÓNS DE 1977 (ver gráfico páx. 412):

UCD conseguiu a victoria cunha maioría relativa de escanos, o PSOE foi a segunda forza máis votada, o PCE ocupou o terceiro lugar a unha grande distancia das dúas primeiras forzas, AP foi cuarta e unicamente as forzas nacionalistas de Cataluña e do País Vasco obtiveron tamén representación, cousa que non aconteceu coa extrema dereita nin coa extrema esquerda.

Á vista dos resultados electorais, o partido gobernante foi a UCD de Adolfo Suárez. A primeira función que aquelas Cortes elixidas habían de desenvolver era a elaboración dun documento constitucional no que se basease un novo réxime democrático.

– A CONSTITUCIÓN DE 1978:

A Constitución de 1978 foi elaborada polas Cortes elixidas nas primeiras eleccións democráticas trala dictadura de Franco (1977). A etapa Constituínte pódese caracterizar cunha palabra: o CONSENSO de tódalas forzas políticas parlamentarias e das organizacións sindicais e patronais (foi o resultado da política de acordo entre os diversos partidos políticos con proxectos distintos e incluso antagónicos). A razón fundamental estivo no perigo da desestabilización política provocada polas accións de extrema dereita e da extrema esquerda, que facían factible unha intervención do exército que detivera o proceso democrático.

Segundo o texto constitucional, España é un Estado social e democrático de Dereito. A monarquía parlamentaria é a nova forma política do Estado (na que o rei como xefe do Estado arbitra entre as diferentes institucións, pero non ten poder executivo), indica que a soberanía reside no pobo. O rei está subordinado, como o resto das institucións, á Constitución. A esquerda española tiña unha viva tradición republicana, pero agora, con sentido práctico, recoñecía na forma monárquica a mellor solución para o Estado nacido trala liquidación do réxime franquista. Na monarquía viu un principio de lexitimidade amplamente aceptado, que servía para defender a aínda fráxil democracia dos perigos dunha volta atrás. Despois dunha longa experiencia de réximes constitucionais que permitiran a inxerencia do rei na xestión política, a Constitución limitaba drásticamente as facultades da coroa e garantíanlle ás Cortes o exercicio do poder.

O texto define un Estado non confesional, aínda que urxe os poderes públicos a ter en conta a relixiosidade dos españois e manter relacións de cooperación coa Igrexa católica. A fórmula foi froito dun compromiso e do medo dos constituíntes a encallar no mesmo lugar no que o fixeran os redactores das constitucións anteriores, enfrontados pola cuestión relixiosa.

– OS PODERES DO ESTADO:

A Constitución deseña un modelo de Estado unitario que traspasa poderes a outras institucións (rexións, nacionalidades). A Coroa, as Cortes e o Goberno central compatibilizan poder político cos Parlamentos, Presidentes e Goberno das Autonomías.

A COROA: Funcións do Rei: Sancionar e promulgar as leis elaboradas polas Cortes; convocar e disolver as Cortes e convocar eleccións e referendo nos termos previstos na Constitución; propoñer ás Cortes o candidato a presidente de Goberno e nomealo; nomear e cesar ós ministros (a proposta do presidente de Goberno); debe ser informado dos asuntos de Estado e pode presidir, cando o estime oportuno, sesións do Consello de Ministros; exerce o mando supremo das Forzas Armadas; acredita ós embaixadores estranxeiros; manifesta o seu consentimento para a sinatura de tratados internacionais; declara a guerra e acorda a paz, previa autorización das Cortes. Aínda que o listado de funcións do rei poida parecer moi longo, en realidade o seu poder é moi limitado, ten básicamente funcións representativas e o exército queda sometido ó poder civil.

AS CORTES XERAIS: Formadas por dúas Cámaras (Congreso de Deputados e Senado) representan ó pobo español. Os cidadáns elixen ós seus representantes en Cortes na circunscrición electoral, que é a provincia, cada catro anos (período que se denomina Lexislatura). O número de deputados é proporcional á poboación de cada provincia (pero todas deben ser unha representación mínima dun deputado). O número de senadores é de catro por provincia elixidos por sufraxio universal, máis un senador por cada unha da CC.AA. e outro máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio. A función lexislativa é unha das tarefas fundamentais das Cortes.

O GOBERNO: O Goberno, que exerce o poder executivo, está formado polo presidente (pode haber vicepresidentes) e os ministros. O Goberno dirixe a política interior e exterior, a administración civil e militar e a defensa do Estado.

O PODER XUDICIAL está en mans dos xuices e dos tribunais de xustiza.

Segundo a Constitución, España é un Estado unitario (ningún territorio que forme parte do Estado español se pode independizar) que recoñece o dereito á autonomía das nacionalidades e das rexións que o integran, orixinando un novo modelo, o Estado das Autonomías. O castelán e as demais linguas españolas son idiomas oficiais en cada unha das Comunidades Autónomas. Pluralidade política, manifestada na multiplicidade dos partidos políticos. Pluralidade sindical, co recoñecemento dos sindicatos de traballadores e das súas asociacións empresariais para defensa dos seus respectivos intereses. Outras características propiamente democráticas presentes na Constitución: igualdade ante a lei, liberdade persoal, de empresa, de relixión e culto, de expresión, de reunión, de asociación (en partidos políticos, en sindicatos, en entidades culturais,…).

4.- O SEGUNDO GOBERNO DA UCD (1979-1982):

UCD gañou de novo as eleccións lexislativas de 1979 cunha escasa marxe. Os resultados amosaban que había dous grandes partidos, UCD e PSOE, que se distanciaban de tódolos demais. Avanzaban os partidos nacionalistas (e a extrema dereita conseguía por vez primeira un escano para a Unión Nacional na persoa do seu xefe Blas Piñar). Pero as eleccións municipais manifestaron unha tendencia algo distinta do voto: o triunfo selectivo da esquerda. Os grandes núcleos urbanos españois pasaban a ser gobernados por equipos municipais de esquerda.

O principal problema da UCD, presidida por Adolfo Suárez, foi a falta de cohesión interna nun partido que se formara pola converxencia de tendencias ben distintas, que convivían con dificultade.

O punto de partida da política de UCD foron os acordos consensuados entre os partidos nos Pactos da Moncloa de 1977, un conxunto de acordos para facer unha ampla política reformista. Tratábase de levar a cabo un proxecto para lle facer fronte á crise económica.

Dada a debilidade de UCD (falta de cohesión interna), o primeiro partido da oposición, o PSOE, presentoulle unha moción de censura ó goberno en 1980. A moción tiña que propoñer un candidato alternativo para presidente do Goberno e o proposto foi Felipe González, o líder indiscutible dos socialistas. Suárez deu superado a censura, pero saíu moi enfeblecido políticamente. Ese momento marcou o comezo do declive do partido.

CARA Á CRISE DE 1981:

Dende 1980 agudizouse a crise do partido gobernante (divisións internas dentro do partido), que leva a Adolfo Suárez a dimitir da presidencia do Goberno e do partido en 1981.

Suárez coñecía os manexos que se estaban a producir para substituílo no goberno, manexos nos que participaba a oposición. A súa dimisión levaría á máis grave crise do réxime democrático, a que se desencadeou co intento de golpe de Estado de febreiro de 1981.

Para substituír a Suárez, UCD propuxo ó vicepresidente Leopoldo Calvo Sotelo. Despois de aceptada a candidatura de Calvo Sotelo, tería que producirse a súa investidura nas Cortes. Foi no transcurso dese acto, a fins de febreiro, cando se desencadeou un intento de golpe de Estado (1981). O tenente coronel Tejero asaltou o Congreso, mantivendo como reféns ao Goberno e aos deputados. Seguindo o plano previsto, o capitán xeneral Milans del Bosch sacou os tanques ás rúas en Valencia, pero non logrou que o resto dos xefes do exército das restantes rexións militares secundasen o golpe. A actuación do rei foi decisiva para resolver o conflito: nunha mensaxe emitida pola televisión rexeitou o golpe e a situación quedou controlada. Os tanques de Valencia regresaron aos seus cuarteis e Tejero rendeuse.


O efecto foi o contrario do desexado por Tejero e os seus seguidores; nos días seguintes tiñan lugar en toda España impresionantes manifestacións populares de apoio á democracia.

4 A.- POLÍTICA EXTERIOR E ECONOMÍA DURANTE OS DOUS GOBERNOS DA UCD (1977-1982):

En política exterior, os gobernos da UCD reiniciaron as xestións para lograr a entrada de España na CEE (a primeira solicitude de ingreso de España na organización europea fora realizada durante o franquismo, pero a CEE esixía ós seus membros ter réxines democráticos, polo que foi rechazada) e conseguían o ingreso no Consello de Europa. As relacións diplomáticas intensificáronse cos países tradicionais e con outros novos (apoio á causa palestina). En 1980 tivo lugar en Madrid a celebración da Conferencia de Seguridade e Cooperación Europea, o que significaba unha ratificación internacional da política exterior española.

O terrorismo continuou actuando, especialmente o de ETA. Pero os problemas máis graves para os gobernos de UCD foron os de índole económica: Aínda non se adoptaran medidas para paliar as consecuencias da crise do petróleo de 1973 cando se sumaron as de nova subida de carburantes de 1979; o paro e a inflación aumentaban; a competitividade era baixa, os custos de producción elevados e o regreso de emigrantes contribuía a aumentar os problemas. Ata 1981 non se adoptaron as primeiras medidas de reconversión industrial, cando en Europa se puxeran en práctica había xa varios anos. Os problemas económicos contribuíron poderosamente ó desgaste de Suárez e foi precisamente nestas cuestións nas que se puxo de manifesto as súas limitacións.

Os problemas económicos iniciados coa crise de 1973 facíanse cada vez máis patentes (estancamento do PIB, inflación, crecemento do déficit público, aumento espectacular das cifras do paro). Todas as forzas políticas e sindicais estiveron de acordo na necesidade de resolver estes problemas económicos de forma consensuada (de mutuo acordo). Así en 1977 asináronse os Pactos da Moncloa, que serviron para frear a tendencia negativa da economía e reduciron un pouco a inflación e o déficit exterior, aínda que non lograron deter o incremento do paro.

ESPAÑA EN DEMOCRACIA: 1ª ETAPA: OS GOBERNOS SOCIALISTAS (1982-1996)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *