Os presentes documentos fan Referencia á I República Española (1873-1874), breve período histórico Enmarcado dentro do Sexenio Democrático, época de gran axitación política e social. Recordemos que o Sexenio Democrático Divídese en tres etapas: dende a Revolución de 1868 que derrocou a Sabela II Ata a Rexencia de Serrano; a monarquía democrática de Amadeo I de Savoia (1871-1873) e a I República, contexto ao que se refiren os documentos Presentes.
A principios de 1873, o reí Amadeo I renunciaba á coroa española polas dificultades e obstáculos cos que se Atopou ao longo do seu reinado: a oposición dos sectores republicanos, o Impacto da III Guerra Carlista e da Guerra dos Dez Anos cubana, a falta de Apoios políticos (coa ausencia do seu valedor, Prim, tralo seu asasinato e as Divisións entre as forzás monárquicas) e a escasa aceptación do pobo español Cara o monarca italiano.
Así, en febreiro de 1873 o reí Abdicou ó sentirse incapaz de resolver os problemas que afectaban a España por Medios legáis e constitucionais, renunciando a empregar unha solución de forzá (intervención do exército).
Vendo a grave situación que Atravesaba España, aíanda que as Cortes eran maioritariamente monárquicas, Decidiuse a proclamación da I República (Documento ). Era unha forma, entre varias razóns, de gañar Tempo por parte dos monárquicos para restaurar ós Borbóns no trono de España). A República non tería unha vida política pacífica nin estable: proba diso é que En menos dun ano foron elixidos catro presidentes.
A breve e axitada experiencia Republicana comezou co gobernó de Estanislao Figueras. Pero pronto comezaron a Xurdir divisións internas: por unha banda estaban os republicanos unitarios (que defendían, como Castelar, un Estado republicano centralista) e pola outra Estaban os republicanos federáis (que defendían un Estado descentralizado). Dentro destes últimos había os intransixentes ou cantonalistas (buscaban unha república federal proclamada dende abaixo), e os benévolos (como Pi i Margall, A favor dunha república federal negociada dende o Gobernó da nacíón).
Estas divisións provocaron que Fosen convocadas eleccións mediante sufraxio universal masculino, saindo Elixidos os republicanos federáis gradualistas, nomeándose ó seu líder, Pi i Margall . A Asemblea Nacional redactou Un proxecto de Constitución republicana federal.
No documento
2 aparecen
Reflictidos as principais ideas do novo texto constitucional: España definíase
Como un Estado formado por diferentes Estados federados (dezasete, incluindo
Cuba e Puerto Rico); no art. 42 deféndese a soberanía popular; no art. 4,
Recóllese a descentralización municipal; no 45 está a división de poderes,
Destacando a introducción dun cuarto poder (o poder presidencial, como
Intermediario entre os outros); no art. 92 vólvese a insistir na nova forma de
Estado española, a República Federal.
Sen embargo, a xove República Tivo que enfrontarse a unha serie de graves problemas: a continuación das Guerras carlista e cubana, as protestas Obreiras debido ó descontento social, e os levantamentos cantonalistas (Documento 3).
O movemento cantonalista foi Sobre todo importante en Andalucía e Levante, destacando a proclamación do Cantón de Cartagena, durante seis meses (de xullo de 1873 a xaneiro de 1874). Era un movemento fundamentalmente político, incorporando algunhas peticións moi Revolucionarias, tal como se aprecia ao longo do documento (ensino laico e gratuito, incautación de bens Eclesiásticos, apropiación de determinadas propiedades privadas…), contando así co apoio dos internacionalistas Da AIT que vían no federalismo un camiño cara á realización da revolución Social As revoltas cantonalistas fixeron fracasar o proxecto de implantar a República Federal desde arriba, Produciron unha elevada disgregación do poder en gran parte de España, aumentaron as tensións entre os republicanos E provocaron a demisión de Pi i Margall.
Tralo paso pola presidencia de Nícolás Salmerón, en setembro de 1873 empezou a súa labor último gobernó Republicano, que estivo presidido por Emilio Castelar, quen conseguiu poderes extraordinarios da Asemblea para facer Fronte ás guerras cantonalista, carlista e cubana. Así gobernou durante varios Meses por decreto, tomando medidas drásticas e represivas, apoiándose nos Militares máis conservadores. A partir deste momento, o exército español iríase Desprazando progresivamente dende a defensa do liberalismo cara a unhas Posicións máis de dereitas e máis conservadoras. Descontentos os federáis, a Asemblea nacional pretendeu escoller un novo presidente, e voltar a unha República de centro-esquerda, e mentres se celebraba a sesíón, o xeneral Pavía Deu un Golpe de Estado, disolvendo a Asemblea en xaneiro de 1874. A penas houbo Resistencia, o que demostraba a debilidade da I República.
Para rematar, indicar que nos
Meses restantes de 1874, o xeneral Serrano asumiu o poder executivo
Republicano, pero suspendendo as garantías constitucionais e gobernando case
Como un ditador, ata que o xeneral Martínez Campos proclamou en decembro dese mesmo
Ano a Afonso XII de Borbón como reí de España, rematando en España tanto esta
Curta e axitada primeira experiencia republicana como o chamado Sexenio
Democrático, e dando paso á chamada Restauración Borbónica.