Converso:
Aquel que cambia de relixión, especialmente os xudeus (pero tamén os “mouriscos”) que se convertían ó cristianismo para escapar das persecucións, especialmente tras o decreto de expulsión firmado polos Reis Católicos en 1492. A Inquisición foi creada precisamente para investigalos. É un termo despectivo, oposto ó de “cristiano viejo”.
Gran Armada:
nome que lle deu Felipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra. A xustificación do ataque era rematar coa piratería e evitar que Inglaterra apoiara ós rebeldes de Flandes, pero fracasou. Tamén é coñecida co nome sarcástico que lle puxeron os ingleses: a “Armada invencible”.
Mourisco:
Terzos:
unidades de combate durante a época dos Austria formadas por soldados profesionais a soldó que defendían as posesións españolas do Imperio. Os gobernadores da monarquía utilizábanos para combater en primeira liña da fronte. Tiveron un gran protagonismo no norte de Europa, e sobre todo en Flandres. Foron moi eficientes na combinación de armas brancas (picas, alabardas…) e fogo (arcabuces…).
Uníón de Armas
Valido:
favorito ou privanza dos denominados Austrias menores. Estés monarcas delegaron as súas funcións nestas personalidades que actuaban como xefes de gobernó, restando cada vez máis protagonismo aos reis. Moitos deles utilizaron o poder no seu propio beneficio. Os validos máis destacados foron: Duque de Lerma (Felipe III), Conde-Duque de Olivares (Felipe IV) e Xoán Xosé de Austrias.
Xuntas do Reino de Galicia:
Antigo Réxime: denominación empregada polos revolucionarios franceses para referirse ao sistema político (absolutismo) e ao modelo de sociedade (estamental) existente no seu país antes de 1789; por extensión os historiadores empregan ese nome para cualificar os trazos carácterísticos da Idade Moderna (ss. XV-XVIII). É o contrario do Novo Réxime (Estado Liberal).
Agrarismo:
Movemento reivindicativo que organizou ao campesiñado galego en asociacións e sindicatos agrarios para lograr a redención dos foros, loitar contra o caciquismo e propulsar a renovación técnica. Destacaron as organizacións Solidariedade Galega (1907-12) e Acción Galega (1910-15), xunto co máximo líder desta, Basilio Álvarez.
Bienio Negro:
Brigadas Internacionais:
Unidades militares de voluntarios estranxeiros que participaron na Guerra Civil española apoiando á Segunda República entre 1936 e Outubro de 1938. Estaban formadas por homes e mulleres de máis de 50 países, organizados a través dos partidos socialistas e comunistas dos seus respectivos países. Estaban inspirados pola idea de loitar a favor da democracia contra o fascismo.
Contubernio de Múnic:
CEDA:
“Confederación española de dereitas autónomas”. Coalición de partidos conservadores e católicos fundada en 1933 por Gil Robles. Definíase como contrarrevolucionaria e antimarxista, defensora da relixión, a familia e a propiedade. Opúxose ás reformas do primeiro bienio da República e gobernou, en coalición co Partido Radical, entre 1934 e 1935.
Desastre de Annual:
Directorio Militar:
primeira etapa da ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1925). Recibe o nome porque o directorio esta integrado exclusivamente por militares (oito xenerais e un contralmirante) presidido polo ditador. Tiña función de asesoramento en materia de gobernó e na promulgación de decretos que tiñan forzá de leí. Substituído en 1925 por un directorio integrado por militares e civís (directorio civil).
Expediente Picasso:
FAI:
“Federación Anarquista Ibérica”. Agrupación anarquista creada en 1927 durante a ditadura de Primo de Rivera. Representou a liña máis radical dentro do sindicalismo anarquista, oposta ás vía de negociación de certos líderes da CNT. Gañará protagonismo na II República, e especialmente nas colectivizacións de terras e empresas durante a Guerra Civil.
FET das XONS:
“Falanxe Española Tradicionalista das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista”. Organización política creada por Franco en 1937 mediante o Decreto de Unificación que fusionaba o movemento tradicionalismo carlista coas formacións fascistas de Falanxe Española e das XONS. Foi o partido único do Franquismo, coñecido tamén como Movemento Nacional.
Fronte Popular
Leí para a Reforma Política
Leí aprobada polas Cortes franquistas en 1977, que serviu como instrumento legal para articular unha transición pacífica (“sen ruptura”) dende as institucións da ditadura a unhas novas institucións democráticas. Promovida por Suárez e o reí, regulaba a futura convocatoria dunhas eleccións democráticas, as primeiras desde 1936.
Lexión Cóndor
Nacionalcatolicismo
Ideoloxía fundamental durante o franquismo, que defendé que a vida política, social e cultural debe estar sometida ás directrices da Igrexa católica. A Igrexa española santificou a autoridade de Franco como “Caudillo de España pola graza de Deus”, e a cambio asegurouse o monopolio da moral, os costumes e a educación dos españoís.
Pacto de San Sebastián
Pactos da Moncloa
Acordos aos que chegaron sindicatos, partidos e organizacións empresariais en outubro de 1977 na residencia oficial do presidente de Gobernó, Adolfo Suárez. Os asinantes comprometíanse a traballar a favor da estabilidade do país mediante a consolidación da democracia, a reducíón da conflitividade social e a adopción de medidas para superar a crise económica que se viña arrastrando desde 1973.
Plan de Estabilización
Conxunto de medidas económicas aprobadas en 1959 por iniciativa dos ministros tecnócratas. Tiñan como obxectivo abandonar o modelo autárquico e liberalizar a economía española, conectando así co capitalismo occidental. Sentou as bases para iniciar o forte crecemento “desarrollista” da década dos anos 60.
Plataxunta:
Nome popular de Coordinación Democrática, organismo creado en Marzo de 1976 por partidos e organizacións antifranquistas para restablecer a democracia en España. Naceu da fusión da Xunta Democrática (creada en 1974 polo PCE con Santiago Carrillo á fronte) e da Plataforma de Converxencia Democrática, establecida en 1975 e impulsada polo PSOE de Felipe González.
Sanjurjada:
levantamento militar producido en Sevilla en Agosto de 1932 encabezado por José Sanjurjo contra a República que contou co apoio dalgúns militares, monárquicos e latifundistas andaluces. O levantamento fracasou e os participantes foron detidos e controlados.
Semana Tráxica
Sucesos violentos acontecidos en Barcelona no verán de 1909 como reacción ante o decreto de Maura de mobilizar aos reservistas (maioritariamente obreiros e país de familia) para a guerra de Marrocos. Os sindicatos convocaron unha folga xeral que foi duramente reprimida polo exército; supuxo a caída de Maura.
Sección Feminina:
Organización fundada en 1934 como rama feminina de Falanxe Española. Foi dirixida por Pilar Primo de Rivera e durante o franquismo monopolizou a educación das mulleres, coa finalidade de formar amas de casa, subordinadas aos varóns e destinadas a ter fillos e educalos segundo as normas establecidas polo réxime.
Sindicato vertical:
Nome co que era coñecida a Organización Sindical Española durante o franquismo. Foi creado tras a promulgación da Leí de Unidade Sindical de 1940 que ilegalizaba todos os sindicatos de clase existentes e integraba de forma forzosa a todos os traballadores e empresarios (relación vertical) nun mesmo e único sindicato baixo a supervisión do Ministerio de Traballo.
UCD:
“Uníón de Centro Democrático”. Partido político de centro-dereita creado por Adolfo Suárez en 1977 para presentarse ás primeiras eleccións democráticas da Transición. Unía a liberáis, demócrata-cristianos e socialdemócratas. Gobernou España entre 1977 e 1982.
Uníón Patriótica:
proxecto de partido único creado en 1924 por Miguel Primo de Rivera, co obxectivo de atraerse o apoio das masas populares á súa ditadura. Quedouse a medio camiño entre un movemento populista e propagandista, e un partido único de corte fascista.