Definiciones II República y Guerra Civil
Bienio Negro ou bienio conservador/rectificador: Segundo dos períodos da Segunda República (decembro de 1933 a febreiro de 1936, nun contexto de crise económica internacional e triunfo dos totalitarismos) formado por gobernos conservadores de breve duración e marcado pola paralización das reformas do bienio reformista anterior que levou a unha radicalización entre esquerdas e dereitas caso da Revolución de outubro de 1934.
Brigadas Internacionais
Unidades militares compostas por voluntarios estranxeiros de esquerdas e diferentes nacionalidades que axudaron á IIª República durante a Guerra Civil (novembro de 1936 ata novembro de 1938 ante a presión da SDN e do Comité de Non Intervención); organizadas polo comunismo internacional. Claves ba defensa de Madrid (1936), batallas de Xarama, Guadalaxara, Brunete, Belchite (xaneiro-agosto de 1937).
CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónoma)
Alianza de partidos de dereitas (Acción Popular de Gil Robles, algúns monárquicos, etc), creada en marzo de 1933 como consecuencia das medidas anticlericais do bienio progresista. Un partido conservador, católico de masas que dentro das institucións republicanas, tiña como lema fundamental “Relixión, Familia, Patria, Orden, Traballo e Propiedade. O partido e o seu líder Gil Robles, apoiaron o Golpe de 1936.
FAI (Federación Anarquista Ibérica)
Organización anarquista creada en 1927 pola unión de organizacións anarquistas portuguesas e españolas. Entre 1927 ata 1939, representou o sector máis radical “ácrata” do anarquismo. Organizábase a través de pequenos grupos autónomos dentro da CNT e utilizaban tácticas que ían desde o roubo de bancos para recaudar fondos, á construción de bibliotecas populares, represión contra fascistas, etc.
FET das XONS (Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista)
Único partido permitido durante o réxime de Franco. Creado o 19 de abril de 1937 trala aprobación do “Decreto de unificación” que agrupaba nunha soa organización a todas as forzas políticas presentes no bando sublevado o 18 de xullo, fundamentalmente a Falanxe de José A. Primo de Rivera e os Requetés (carlistas), as demaís forzas políticas (CEDA e os monárquicos de Renovación española), apenas tiñan capacidade de movilización.
Fronte Popular
Coalición de partidos de esquerda (PSOE, PCE, POUM, Esquerra Republicana de Catalunya, e sindicatos obreiros), goberno republicano vencedor nas eleccións de febreiro de 1936 ata o golpe do 18 de xullo de 1936. Creada nun ambiente de radicalización durante o que se retomaron as reformas paralizadas entre 1933-1936, e alonxaron da capital aos militares sospeitosos de golpismo como Franco, Mola.
Lexión Cóndor
Continxente alemán de aviación que axudaron ao bando franquista na guerra civil. Chegaron a comenzos do ano 1937 (a axuda alemana chegou xa dende xullo de 1936) saltándose os acordos do Comité de Non Intervención. A súa actuación foi clave no bombardeo de Guernica o 26 de abril de 1937 que representou o primer bombardeo indiscriminado a unha poboación civil.
Nacional-catolicismo
Parte fundamental do ideario franquista durante a Guerra Civil e ditatura que partía da identificación do réxime cos fins e medios da Igrexa católica, ambos unidos como parte do novo Estado, xa que un bo español era un bo católico. Un dos piares fundamentais que lexitimou o franquismo, pero non foi unha doutrina concreta. Apoiado en documentos como o Concordato de 1953.
Pacto de San Sebastián
Acordo político asinado o 17 de agosto de 1930 e por 15 políticos republicanos para negociar un pacto contra a monarquia de Alfonso XIII nun momento crítico trala dimisión de Primo de Rivera e coa “ditablanda” de Berenguer. Os dous aspectos fundamentais foron: rematar coa monarquia de Alfonso XIII e apoiar o Estatuto de Autonomía Catalán. Base do goberno provisional da IIª República o 14 de abril de 1931.
Sanjurjada
Golpe de Estado contra a IIª República dirixido desde Sevilla por Sanjurjo o 10 de Agosto de 1932 contra o goberno do Bienio Reformista (fundamentalmente contra a reforma militar de Azaña). Un golpe que fracasou pola súa mala preparación, pero permitiu a rápida aprobación do Estatuto catalán nas Cortes españolas.
Sección Femenina (1934-1977) da Falanxe Española
Un dos piares do adoutrinamento da muller (dos 17 aos 35 anos) durante o franquismo dirixida desde a súa orixe ata a súa disolución por Pilar Primo de Rivera. Crucial dentro da maquinaria estatal franquista, difundía unha imaxe da muller sumisa, defensora duns valores tradicionais lonxe da política e subordinada ao ideario da Igrexa católica. Perdeu peso nos anos 60 ante a evolución económica e social do país a consecuencia do desenvolvemento.
Sindicato vertical (1940-1977)
Sindicato único de afiliación xeneralizada e obrigatoria para obreiros e empresarios no franquismo. Instrumento político e económico do réxime para controlar e encadrar aos obreiros e compensar o apoio empresarial, seguindo o modelo fascista italiano. Como bases legais do sindicalismo vertical, o Foro do Traballo de 1938 e a Lei de Unidade Sindical do 26 de xaneiro de 1940, ambas de clara influencia fascista.